Nova
Noticia
Os camións novos vendidos en 2040 deben estar libres de fósiles
22 dec 2020
A Asociación europea de fabricantes de automóbiles (ACEA) e científicos do Instituto de Potsdam para a investigación do impacto climático (PIK) chegaron á conclusión de que para 2040 todos os camións novos vendidos deben estar libres de fósiles para acadar a neutralidade de carbono en 2050 (compromiso da UE a través da Lei europea do clima).

Segundo ACEA, o cambio climático é o desafía máis fundamental da nosa xeración, mentres o transporte por estrada desempeña un papel crucial na posta a disposición dos cidadáns de alimentos, medicamentos e outros ben esenciais, incluso en momentos de crisis sanitaria.

ACEA e PICK realizaron unha declaración conxunta, publicada o 15 de decembro, na que describen a folla de ruta e as condicións para transformar o sistema de transporte de mercadorías por estrada, que inclúe tarifas das estradas baseadas en emisións de CO2, a revisión do sistema impositivo vinculado á enerxía e a configuración dunha rede de infraestrutura de carga/reabastecemento axeitada para camións.