Nova
Noticia
Prezos do gasóleo A en Galicia
12 xan 2024
Os prezos do combustible supoñen unha carga moi significativa nos custos do transporte de mercadorías por estrada, polo que é fundamental que se manteñan estables e controlados.

A evolución do prezo do gasóleo A, principal combustible no transporte de mercadorías por estrada, no ano 2023 presentou unha tendencia lixeiramente crecente e diferenzas de 22,5 céntimos.

Os meses de setembro e outubro presentaron valores de case 1,33 euros, descontados a axuda de 5 céntimos e sen IVE.

O prezo do combustible en España presenta variacións moi significativas entre as distintas provincias e estacións de servizo, con variacións no PVP a 20 de decembro de entre 1,07 (en Córdoba) e 2,259 euros por litro (en Albacete), IVE engadido.

Os prezos de venda ao público, con impostos, dos distintos combustibles en Galicia, a 20 de decembro, presentan as seguintes variacións:
• O gasóleo A sitúase en 1,507 euros/litros de PVP mentres que o Premium se sitúa en 1,605 euros/litro.
• As gasolinas van desde o 1,527 euros/litro da 95 E5 ata os 1,719 euros litro da 98 E10.
• O bioetanol sitúase en 2,499 euros/litro (só o oferta unha estación).
• O GLP está a 0,922 euros/kg (59 EESS), o GNL a 1,013 euros/kg (4 EESS) e o GNC a 1,472 euros/kg (4 EESS).

En Galicia non hai estacións que servizo que comercialicen nin biodiésel nin hidróxeno.