O Goberno galego conxelará as peaxes das autoestradas autonómicas
22 dec 2023
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a autorización por parte do Consello da Xunta do convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) e continuar aplicando as bonificacións activas. Deste xeito, segundo precisou, o Executivo autonómico vai destinar o vindeiro ano 5,5 M€ a estas dúas actuacións, “beneficiando aos preto de 28.000 usuarios diarios destas dúas vías".
Esta medida dálle continuidade á impulsada o ano pasado pola Xunta para reducir á metade a suba establecida para 2022 e conxelar as tarifas que se aplicaron en 2023 co fin de mitigar o impacto na economía das familias por mor da crise enerxética, de abastecemento e de prezos de materiais.
Dada a incerteza no contexto de prezos e polo tanto no custo da vida cara ao ano 2024, e tendo en conta que o incremento do IPC suporía o aumento do 3,3 % das tarifas das autoestradas autonómicas, o Goberno galego volve efectuar a conxelación das peaxes para o vindeiro exercicio.
Deste xeito, as peaxes en AG-55 e AG-57 manteñen as tarifas vixentes para os distintos itinerarios, beneficiándose do efecto desta medida nos diferentes treitos.
Bonificacións
Este convenio hoxe aprobado posibilitará continuar tamén coa aplicación das distintas liñas de bonificacións impulsadas pola Xunta nas autoestradas autonómicas, que seguirán sendo as máis baratas de Galicia e das máis económicas de España.
O Goberno galego ampliou no ano 2021 o desconto do 25 % da volta, e do 50 % na segunda volta, aos usuarios recorrentes ata as 24 horas posteriores á realización da viaxe de ida.
Con esa modificación, estendeuse ás 24 horas despois do traxecto de ida o desconto do 25 % da viaxe de volta, e do 50 % na segunda viaxe de volta. Reforzouse, así, o anterior período de bonificación que establecía que a volta debía realizarse no mesmo día natural que a ida, favorecendo as persoas que se desprazan por estas vías para acceder aos servizos públicos ou acceder ao seu lugar de traballo.
Tamén están en vigor a bonificación ás familias numerosas nas estradas autonómicas, descontando o 100 % da viaxe de volta a este colectivo.
Estes descontos son compatibles con outras bonificacións en funcionamento como a rebaixa do 50 % en horario nocturno.
Aforros para as persoas usuarias
O presidente da Xunta salientou que a posta en marcha da conxelación de tarifas e das bonificacións para usuarios recorrentes nas autoestradas autonómicas permitirá, por exemplo, que un usuario habitual da autoestrada Vigo-Baiona aforre uns 235 € en 2024, unha cifra que se eleva ata os 343 € no percorrido A Coruña-Carballo.
No caso de que se traten de viaxes nocturnas ou de familias numerosas, o aforro será aínda maior. Así, por exemplo, un membro de familia numerosa aforrará case 560 € no ano 2024 no percorrido Vigo-Baiona “e máis de 800 € no percorrido A Coruña-Carballo”, precisou o titular do Executivo galego.
No período entre 2022 e 2024, un usuario habitual da autoestrada Vigo-Baiona terá aforrados uns 570 € ao final do vindeiro ano, entre os tres exercicios, e ata 814 € no traxecto A Coruña-Carballo. Se se trata dunha familia numerosa, o aforro aumentará a 1.527 € para a o itinerario Vigo-Baiona e a 2.280 € para A Coruña-Carballo.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024