Obradoiro de automatización de procesos e intraloxística
14 xul 2023
O mércores 24 de maio, o Clúster da función loxística de Galicia, desenvolveu un obradoiro para impulsar a dixitalización do sector do transporte de mercadorías, enmarcado no programa Maio Innovador
Neste obradoiro distintos expertos e empresas explicaron o funcionamento de solucións tecnolóxicas para o sector, como o RPA e o ERP, e retos como o cambio de tecnoloxía AGV, facéndose fincapé na necesidade de automatizar os procesos para axilizar e optimizar tempos de xestión.
Este obradoiro contou cun espazo para o traballo de grupo a través de dinámicas de análise e propostas que se compartiron con conxunto dos asistentes.
Este evento foi presentado e pechado polo xerente do Clúster, Iago Domínguez.
O Clúster da función loxística de Galicia está traballando nun sistema intelixente de acceso loxístico que permita dixitalizar os sistemas de control de accesos en empresas industriais e loxísticas. Este sistema aspira a facilitar o acceso compartindo os documentos nun sistema que aglutine a todas as empresas, de tal xeito que un documento só se sube unha vez e logo xa se comparte coa cadea loxística. Trataríase dun sistema compatible cos existentes actualmente.
A aplicación contaría cun sistema de lectura de documentos a través de visión artificial, co cal, automaticamente, se lerían distintos campos e se dixitalizarían permitindo a comprobación automática de aspectos como a data de expiración dun permiso de conducir

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024