Nova
Noticia
Europa aposta pola información útil ao transportista
19 xul 2023
O Consello europeo e o Parlamento europeo han chegado a un acordo provisional para despregar sistemas de transporte intelixentes nas estradas europeas, a través dos cales transmitir datos sobre o transporte por estrada.

A finais de 2025 prevese que os Estados membros da Unión Europea garantan información como as condicións de acceso aos túneles, os límites de velocidade, a reserva de prazas de aparcamento seguras para camións e outra información a través de puntos de acceso nacionais.

Esta información debe ser dinámica, de tal forma que se estea actualizando de forma continua, e permitir mellorar as condicións de traballo dos condutores.

A finais de 2025 está previsto que os operadores de transporte poidan recibir información sobre as normas de acceso de vehículos urbanos (restricións permanentes de acceso).