Cambios na regulación das axudas para a transformación de flotas
08 xul 2023
No Boletín Oficial do Estado do 27 de xuño de 2023 publícase a Orde TMA/686/2023, do 22 de xuño, pola que se modifican os Anexos I e III de Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro, polo que se regula a concesión directa ás comunidades autónomas de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia.
Estes cambios pretenden adaptar a regulación destas subvencións á modificación prevista no Regulamento (UE) número 651/2014 de Exención por categorías, que entrará en vigor unha vez que se publicou no Diario Oficial da Unión Europea.
Esta modificación recolle diversos cambios na regulación das axudas a vehículos cero emisións ou vehículos limpos e puntos de recarga eléctrica, que nalgúns casos supoñen límites máis estritos que no regulamento vixente ata esta modificación, que é o que se tomou como base para a redacción do citado Real Decreto.
Unha vez que entre en vigor esta modificación do regulamento, os réximes de axuda existentes terán un prazo de 6 meses para adaptarse ás novas disposicións, o que require prever esta situación no réxime de axudas marcado no Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro e a aclaración expresa de que se deben de cumprir os límites e requisitos da regulación de axudas de estado que sexan de aplicación no momento da concesión da axuda.
Adicionalmente, introdúcense no texto algunhas aclaracións en relación co cumprimento destes requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) n.º 651/2014 e outras cuestións relacionadas coa xestión das axudas.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024