Premio da Asociación Amicos á central de chamadas do transporte público
08 xul 2023
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, recolleu o 27 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago o premio ás Boas Prácticas en Contratación Responsable, outorgado pola asociación Amicos ao servizo de xestión telefónica do sistema de transporte público de Galicia, cuxa contratación se reservou a centros especiais de emprego de iniciativa social.
Maestro sinalou que este programa, posto en marcha por primeira vez en setembro de 2019, é un exemplo do compromiso da Administración autonómica coa economía social e coa integración laboral do conxunto da sociedade, que permite obter resultados de éxito.
Así, salientou, o traballo que desenvolven os responsables dese servizo é esencial para garantir unha mobilidade sostible, accesible e de calidade para todos os galegos, especialmente para aqueles que viven no rural ou que teñen necesidades especiais de desprazamento. Grazas a esta atención telefónica, a Xunta ofrece unha atención personalizada, eficaz e profesional aos usuarios do transporte público.
Os datos avalan o éxito destes servizos, que rexistran un alto grao de satisfacción entre os seus beneficiarios, ao tempo que contribúen a xerar emprego estable e de calidade para as persoas con discapacidade.
Actualmente, a central rexistra unha media mensual de 1.280 chamadas recibidas, alcanzando un máximo de 1.513 chamadas nun único mes.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024