Prórroga do desconto no gasóleo para o transporte profesional por estrada
08 xul 2023
O Consello de Ministros do 28 de xuño aproba ampliar ata o 30 de setembro a bonificación actual para o sector e fixa unha rebaixa de 5 céntimos de euros por litro durante o cuarto trimestre de 2023 ante ás consecuencias da guerra en Ucraína.
Esta medida responde á demanda do sector transmitida pola Confederación Española de Transporte de Mercadorías (CETM) que resalta a necesidade de ter en conta o transporte de mercadorías por estrada como sector vital para o funcionamento das cadeas de subministración e a economía española.
A medida articúlase en dúas fases: a primeira contempla a prórroga do desconto de 10 céntimos por litro de combustible consumido ata o 30 de setembro de 2023, e a segunda unha bonificación de 5 céntimos de euros entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de 2023.
Para as frotas movidas por gas prevese unha compensación de 13 céntimos ata setembro e de 7 céntimos de euros durante o último trimestre do ano, dadas as especiais circunstancias ás que se enfronta o prezo do gas nesta etapa.
O texto recolle dous mecanismos para calcular e abonar as axudas de 10 e 5 céntimos de euros por litro aos transportistas en función de se teñen dereito ou non á devolución parcial do imposto sobre hidrocarburos.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024