Nova
Noticia
A Directiva europea de desprazamento de traballadores aplica aos condutores
22 dec 2020
O Tribunal de Xustiza Europeo confirma que a Directiva europea sobre o desprazamento de traballadores (aprobada en 1998 e modificada en 2015) é de aplicación tamén aos condutores profesionais que realizan servizos de transporte e de cabotaxe internacional; polo que as súas empresas terán que garantir a aplicación dos convenios colectivos en vigor no territorio onde desenvolven a súa actividade.

Segundo o TXE, a Directiva aplicase a calquera prestación de servizo transnacional que implique o desprazamento de traballadores, sen importar o sector económico do que se trate, co obxectivo de combinar a prestación de servizos transnacionais cunha competencia leal e o respecto aos dereitos dos traballadores.

Neste marco, calquera traballador pode considerarse desprazado ao territorio dun Estado membro si o traballo realizado ten un vínculo suficiente con ese territorio, valorándose a natureza das actividades desenvoltas, o grado de intensidade do vínculo e o peso das actividades no conxunto do servizo de transporte.

En España está pendente a tramitación para modificar a actual regulación legal sobre o desprazamento de traballadores no sector do transporte, incluída no Paquete europeo de mobilidade aprobado o pasado mes de xullo.

O propósito é asegurar que as empresas cumpran as condicións de emprego mínimas establecidas nos distintos convenios colectivos dos países onde opera os seus traballadores, especialmente en canto a salario.