Combustibles neutros en carbono
04 abr 2023
A Unión Europea aprobou a finais de marzo o regulamento para prohibir a venda de vehículos de combustión máis aló de 2035, pero abrindo a porta aos motores que funcionan con combustibles sintéticos; é dicir, combustibles neutros en carbono, que se producen a partir do uso de fontes de enerxía renovables.
A descarbonización do transporte por estrada require o enfoque dos biocombustibles sostibles, que son a solución máis rápida para comezar a reducir as emisións.
O sector industrial sinala que o prezo do combustible sintético dependerá da política fiscal e da normativa que permita o seu desenvolvemento.
Neste marco, Forestal do Atlántico vén de anunciar que ten previsto producir metanol verde nas súas instalacións de Mugardos (A Coruña) a partir de 2026.
O metanol é un produto que xa se usa nunha pequena proporción coa gasolina. Coñécese como alcohol de madeira e úsase habitualmente para facer combustible, disolventes e anticongelantes.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024