Nova
Noticia
A Xunta convoca as probas de xestor de transporte e a quinta convocatoria dos exames do CAP
10 dec 2020
O 19 de decembro terá lugar a convocatoria de 2020 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte, conforme se recolle na Resolución do 26 de novembro de 2020, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (DOG Núm. 245, de 4 de decembro de 2020: https://xurl.es/valef ).

Anteriormente, o día 16 de decembro celebrarase a quinta convocatoria de 2020 dos exames para obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP), que permite a actividade de condutor/a profesional nunha empresa de transporte público por estrada.

Ambas probas celebraranse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. As probas efectuaranse por quendas, en xornada de maña e de tarde, segundo o tipo de exame a renovar ou obter.

As probas realízanse cumprindo coas medidas de prevención fronte á Covid-19, sendo obrigatorio o uso de máscara en todo momento, tanto no exterior como no interior das instalacións.

Os aspirantes non poderán acceder ao edificio ata que un membro do tribunal comece o chamamento e, para evitar aglomeracións, prégase presentarse a cada hora só as persoas que vaian realizar a proba dese horario. Non se permitirá o acceso con teléfonos móbiles, nin con ningún outro dispositivo electrónico análogo, tales como reloxos intelixentes.

Pódese obter máis información no espazo web de formación da Dirección Xeral de Mobilidade:
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Formacion