Nova
Noticia
Convocadas as probas de cualificación inicial para a actividade de conductor/a profesional
09 nov 2022
No DOG número 213, de 9 de novembro de 2022, publícase a Resolución do 2 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023.

Esta convocatoria realízase en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regulan a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.

No ano 2023 realizaranse oito convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

1ª: a realizar no intervalo do 9.1.2023 ao 2.2.2023. Inscrición: Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 18.12.2022
2ª: a realizar no intervalo do 27.2.2023 ao 24.3.2023. Inscrición: Desde o 19.12.2022 ata o 9.2.2023
3ª: a realizar no intervalo do 18.4.2023 ao 13.5.2023. Inscrición: Desde o 10.2.2023 ata o 3.4.2023
4ª: a realizar no intervalo do 14.6.2023 ao 12.7.2023. Inscrición: Desde o 4.4.2023 ata o 4.5.2023
5ª: a realizar no intervalo do 1.9.2023 ao 27.9.2023. Inscrición: Desde o 5.5.2023 ata o 5.7.2023
6ª: a realizar no intervalo do 2.10.2023 ao 31.10.2023. Inscrición: Desde o 6.7.2023 ata o 6.9.2023
7ª: a realizar no intervalo do 2.11.2023 ao 30.11.2023. Inscrición: Desde o 7.9.2023 ata o 7.10.2023
8ª: a realizar no intervalo do 1.12.2023 ao 30.12.2023. Inscrición: Desde o 8.10.2023 ata o 20.11.2023

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

As persoas aspirantes deberán superar os cursos de formación e cumprir os requisitos exixidos no Real decreto 284/2021, do 20 de abril, ou norma que o substitúa, para poderen participar nas probas de constatación da cualificación inicial.

Este artigo ten carácter informativo. Acceda ao DOG para máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221109/AnuncioG0533-021122-0001_gl.html