Nova
Noticia
OkCargo, a nova plataforma dixital de contratación de Fenadismer
04 nov 2022
O pasado luns 17 de outubro, Fenadismer presentou nunha rolda de prensa, OKCargo a nova plataforma Tecnolóxica de contratación online de transporte de mercancías na que participa como socio estratéxico.

Esta nova plataforma tecnolóxica, diferénciase das bolsas de cargas tradicionais na eliminación de intermediarios que soen caracterizar este tipo de páxinas webs, o que repercute negativamente nas condicións económicas do servizo.

A contratación co cliente faina directamente OKCargo, que é operador de transporte ca súa correspondente autorización e a contratación co transportista que vai realizar o porte, tamén a fai OKCargo asumindo todo o risco da operación, é dicir que a mercancía sexa entregada en perfecto estado cumprindo o prazo e que o transportista cobre o prezo establecido no prazo legal fixado.

Antes de contratar o transporte co cargador OKCargo lanzará unha proposta ao cliente cun prezo calculado cun algoritmo que ten en conta infinidade de variables. A plataforma utiliza algoritmos de intelixencia artificial que analizan toda a información procedente das rutas dos transportistas, ofertas de clientes, etc., optimizando así as rutas, aumentando a eficiencia e rentabilidade dos vehículos. Un móbil con acceso a internet é suficiente para operar a través desta plataforma.

OkCargo é un punto de encontro entre transportistas profesionais e as pymes que precisan facer envíos de mercancías, realizase así unha contratación de forma directa, contribuíndo a unha maior transparencia e unha mellora económica que perciben os transportistas.