Nova
Noticia
#Road2FairTransport: campaña de sensibilización 2022 da Autoridade Laboral Europea no transporte
04 nov 2022
A Autoridade Laboral Europea (ELA) pon en marcha unha nova campaña no sector do transporte. O obxectivo é dar a coñecer os novos cambios normativos introducidos no Paquete de Mobilidade I, para garantir que os condutores e operadores estean informados sobre as normativas e se cumpran dunha forma efectiva. Informa sobre os dereitos e obrigacións dos condutores e operadores, así coma proporciona materiais e orientación sobre diversos temas relacionados co transporte por estrada. Tamén se pretende con dita campaña, dar valor ao sector do transporte en estrada, promovendo a profesión, facendo fronte a alta taxa de abandono que afecta ao sector.

A campaña execútase a través das redes sociais, a nivel local e o longo das estradas máis transitadas da UE.

A Organización Internacional do Transporte por Estrada (IRU) apoia plenamente a campaña. O seu presidente Radu Dinescu sinalou “ o respecto por tódolos operadores e directores das empresas transportistas no seu traballo diario de manter en movemento as redes de mobilidade e as cadeas de subministro de Europa”. Destacou que esta campaña tamén axudará ao sector transportista a educar ao público en xeral sobre como ser operador” nun intento de atraer a máis mulleres e xoves a profesión.

Neste enlace pódese atopar toda a información e recursos da campaña. https://www.ela.europa.eu/en/campaign/road-fair-transport