Custe do transporte de mercadorías en Galicia
24 out 2022
Segundo o Observatorio de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, a 24 de outubro os custes unitarios para un vehículo articulado de carga xeral cargado sitúanse en 1,72 euros por quilómetro, o que suporía uns custes diarios de 475,01 euros.
En termos prácticos, un servizo de 200 quilómetros ten un custe de 344 euros.
Nestes custes inclúense:
a) Os custes fixos: amortización, financiamento, seguros, impostos e custes salariais do condutor, que supón o 51% do total do importe.
b) Os custes variables: combustible, urea, peaxes, pneumáticos, mantemento e reparacións, e dietas do condutor, que supón o 49% do total do importe.
No caso do transporte de mercadorías en furgoneta, a estrutura de custe é de 62,5% (custes fixos) e 37,5% (custes variables), cun importe medio de 1,01 euro por quilómetro. Isto significa que un servizo de 200 quilómetros ten un custe de 202 euros.
En ambos casos, os custes calcúlanse co combustible a 1,495 euros por litro, aplicado o desconto de 20 céntimos e sen IVE.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024