Cualificacións definitivas da 5ª convocatoria de exames CAP 2022
11 out 2022
O 10 de outubro publicáronse as cualificacións definitivas correspondentes ás probas de cualificación para o exercicio da actividade de condutor profesional, que tiveron lugar o pasado luns 3 de outubro de 2022, correspondentes á quinta convocatoria de 2022.
Nesta convocatoria inscribíronse un total de 278 persoas, das cales aprobaron 203, o que supón o 79% dos presentados.
As persoas aspirantes coa cualificación de APTO/A poden solicitar xa a tarxeta CAP ante o servizo de Mobilidade da provincia que corresponda.
No espazo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no apartado de Recursos, pódese encontrar o listado de cualificacións definitivas e toda a documentación desta convocatoria, entre a que se encontra a normativa reguladora, as resolucións relacionadas coa convocatoria e os cuestionarios e respostas correctas.
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/convocatorias

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024