Apoio da Xunta aos autónomos para manter o emprego e a actividade económica
09 dec 2020
O Plan de rescate da Xunta, cun investimento de 84 millóns de euros, prevé beneficiar a máis de 30.000 autónomos e 10.000 microempresas, en canto motor económico de Galicia e unha peza clave da economía galega.
Este plan de rescate caracterízase pola accesibilidade dos seus requisitos e a axilidade á hora de tramitar as axudas, xa que en cuestión dun mes os primeiros solicitantes xa estarán cobrando o apoio económico para contribuír ao mantemento da súa actividade empresarial.
As liñas de apoio son:
a) Para autónomos, con e sen persoal ao seu cargo.
b) Para microempresas e autónomos con persoa a cargo.
c) Para os establecementos hostaleiros afectados polos peches.
O primeiro dos programas xa está publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e prevese activar os dous restantes nos próximos días.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024