Declarado proxecto industrial estratéxico a factoría de pneumáticos do grupo Sentury en As Pontes
16 out 2022
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o pasado 6 de outubro que o Consello aprobou a declaración do segundo proxecto industrial estratéxico de Galicia, impulsado por Sentury Tire para a implantación dunha planta de pneumáticos en As Pontes, que permitirá dar un paso máis para dinamizar a actividade industrial nesta localidade coruñesa.
Esta nova fábrica terá unha produción de 12 millóns de pneumáticos de altas prestacións ao ano, suporá un investimento de 531 millóns de euros e promoverá a creación de 750 postos de traballo directos.
Espérase un importante impacto deste proxecto no porto de Ferrol, tanto pola exportación de produtos manufacturados como pola importación de materias primas. A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao estima movementos anuais cos que cuadriplicar o tráfico de contedores na terminal, ademais da creación de 30 postos de traballo directos na terminal portuaria.
O proceso de fabricación do pneumático centrarase en catro fases diferenciadas: a produción de compostos, a fabricación de compoñentes, a montaxe do pneumático e a fase de almacenamento, mediante un proceso automatizado que permitirá a distribución e carga final da mercadoría nos camións de transporte, para a súa saída da fábrica.
O obxectivo é o desenvolvemento e fabricación de pneumáticos PCR (Passenger Car Radial Tire) e LTR (Light Truck Radial Tire) de alto rendemento para turismos, vehículos comerciais, vehículos todoterreo, vehículos de estrada, vehículos de competición e aeronaves civís, cunha produción anual prevista de 12 millóns de pneumáticos.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024