Nova
Noticia
Asemblea Xeral de Apetamcor coa presenza da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
11 out 2022
A Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou a Asemblea Xeral que a Asociación empresarial de transporte de mercadorías por estrada de Galicia celebrou o 8 de outubro, no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense.

Nas manifestacións dos participantes quedou de manifesto a implicación da Xunta para a supervivencia do sector do transporte profesional. Neste senso, a Xunta destinará nos orzamentos de 2023 un total de 30 millóns de euros para axudas directas a uns 25.000 profesionais autónomos coa finalidade de que poidan facer fronte a incrementos das súas facturas. O obxectivo do novo programa Impacto Autónomo é que as persoas traballadoras autónomas poidan facer fronte á inflación e evitar que se poña en risco a viabilidade dos seus negocios.

Sinalouse tamén a importancia da formación de 2.000 novos condutores e a necesidade de incorporar xente nova á profesión que permita reducir o envellecemento medio e o relevo xeracional.

A Conselleira puxo en valor a importancia do sector do transporte en relación co mantemento e creación de emprego en Galicia, e agradeceu a colaboración público-privada con empresas e autónomos.