Nova
Noticia
Acceso online ao rexistro de condutores para coñecer si o permiso de conducir está vixente
09 dec 2020
A Xefatura Central de Tráfico desenvolverá un sistema telemático para que as empresas dedicadas ao transporte de persoas ou de mercadorías poidan coñecer si un condutor profesional que traballa para elas se encontra habilitado legalmente para conducir sen ser preciso o consentimento do traballador.

Este punto recóllese no Anteproxecto de Lei, aprobado no Consello de Ministros de 10 de novembro de 2020, e polo que se modifica o Texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, en todo o relacionado co permiso e a licenza de condución por puntos.

Este Anteproxecto inclúe un paquete de reformas legais para reducir os accidentes de tráfico, aumentando os puntos a retirar por comportamentos de risco para a condución e impulsando os cursos de condución segura como mecanismo para mellorar a formación viaria dos condutores.