Nova
Noticia
Cumprimento da prohibición de carga e descarga polos condutores
16 out 2022
O 2 de setembro, entrou en vigor a prohibición de que os condutores profesionais participen nas tarefas de carga e descarga dos camións de máis de 7,5 toneladas de MMA, xa sexan de transporte público ou privado. No caso de facelo, tense que remunerar coma unha acción a parte nas facturas. Esta nova prohibición forma parte das medidas incluídas no RD-Lei 3/2022 aprobado o pasado mes de marzo.

Esta norma é de aplicación a tódolos condutores, sa sexan autónomos ou asalariados, aplicándose tamén aos condutores de empresas estranxeiras que realicen transporte en España. Son excepcións a esta prohibición algunhas especialidades coma: transporte de mudanzas, ,vehículos cisternas, portavehículos, vehículos grúas, paquetería, transporte de animais vivos nos puntos de control e reparto de carga fraccionada aos puntos de venta. En todos estes transportes, a empresa transportista deberá recibir un suplemento pola realización da carga e descarga diferenciado do coste do transporte.

Co obxectivo de cumprir ca norma e evitar posibles irregularidades, a Federación Nacional de Asociacións de Transporte de España (FENADISMER), fixo un seguimento inicial do cumprimento da nova medida, concluíndo que a prohibición cómprese na maior parte dos grandes cargadores e empresas de distribución.

Para contribuír con esta vixilancia é importante recordar ao colectivo, que na web do Ministerio de Transportes publicouse unha caixa de suxestións de denuncias anónimas. Caixa de suxestións MITMA: https://sede.mitma.gob.es/BuzonITC