Veto ruso ao transporte internacional de mercadorías
07 out 2022
Segundo o portal de información xurídica rusa, o Executivo ruso prohibiu o transporte internacional de mercadorías por estradas rusas con camións que operan para os países que impuxeron sancións contra Rusia.
Os Estados e territorios prohibidos para o transporte de mercadorías en Rusia son os países da Unión Europea (UE), Estados Unidos, Xapón, Corea do Sur, Australia, Albania, Andorra, Reino Unido, Islandia, Canadá, Liechtenstein, Estados Federados de Micronesia, Mónaco, Nova Zelanda, Noruega, San Mariño, Macedonia do Norte, Singapur, Taiwán, Ucraína, Montenegro e Suíza.
O xoves 29 de setembro, o presidente ruso, Vladimir Putin, asinou un decreto con esta prohibición, deixando en mans do executivo a duración, o tipo de transporte e as excepcións da devandita prohibición, segundo informa a axencia de noticias Interfax.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024