Nova
Noticia
Axudas para infraestruturas de transporte e de combustibles alternativos
24 out 2022
O Mecanismo Conectar Europa (CEF) é un instrumento clave de financiamento da UE para promover o crecemento, o emprego e a competitividade mediante investimentos en infraestruturas específicos a nivel europeo. Promove o desenvolvemento de redes transeuropeas de alto rendemento, sostibles e eficientemente interconectadas nos ámbitos do transporte, a enerxía e os servizos dixitais. Os investimentos do CEF cubran as lagoas nas redes de transporte, enerxía e redes troncais dixitais de Europa.

No marco do programa MCE, a Comisión Europea lanzou o pasado 13 de setembro unha convocatoria de propostas de transporte, o que supón contar con máis de 5.000 millóns de euros dispoñibles para proxectos europeos de infraestruturas de transporte en calquera dos Estados membros da Unión Europea.

Os proxectos deben contribuír a cumprir o obxectivo da UE de reducir nun 90 % as emisións do transporte ata 2050. Os proxectos financiados nesta convocatoria contribuirán á creación dun sistema de transporte multimodal interconectado, tanto para pasaxeiros como para mercancías.

Por outra banda, no marco da segunda convocatoria do Instrumento de Infraestruturas de Combustibles Alternativos (AFIF), a Comisión Europea seleccionou 24 proxectos que recibirán financiamento comunitario para crear infraestruturas de combustibles alternativos.

O investimento traducirase nuns 5.700 puntos de recarga nunhas 1.400 estacións de carga, ademais dunhas 57 estacións de recarga de hidróxeno en toda a rede TEN-T, todo isto nos próximos 3 anos.

A convocatoria AFIF segue aberta con novos prazos a intervalos regulares ata o 19 de setembro de 2023. A próxima data é o 10 de novembro de 2022.