O Clúster defende un modelo de cidade que concilie mobilidade de mercadorías e persoas
04 out 2022
O Clúster da Función Loxística de Galicia organiza Outono Loxístico 2022 na cidade de Santiago de Compostela, coa colaboración do Centro de Innovación para a Loxística e o Transporte de Mercadorías (CITET), co obxectivo de abrir un espazo de reflexión sobre o transporte de mercadorías nas cidades.
O secretario da entidade, Adolfo Díaz, destaca que “debemos buscar solucións de maneira conxunta entre empresas, administracións e cidadáns” e que hai que “conciliar a mobilidade das mercadorías coa mobilidade das persoas”. Desde o Clúster tamén se sinalou que as medidas deben ter en conta o tipo de loxística, baseadas en análise de datos numéricos e con diálogo.
O Clúster da Función Loxística de Galicia ten programadas novas citas no marco do seu Outono Loxístico. As oportunidades que ofrece a loxística do frío abordaranse o mércores, 5 de outubro, na feira de Conxemar, en Vigo.
O terceiro evento programado polo Clúster centrarase nas tendencias do transporte ferroviario na comunidade galega; un aspecto do que se falará en Santiago de Compostela o mércores, 19 de outubro.
Ademais, a entidade traballa no programa da segunda xornada a Loxística internacional. Neste caso, a cita é o xoves, 3 de novembro, na Coruña e permitirá profundar no impacto que a función loxística ten na economía, tamén se realizará un diagnóstico das cadeas globais.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024