Estudo para a implantación de peaxes nas autovías
12 set 2022
Segundo o publicado por EuropaPress o pasado 23 de agosto, o Goberno de España inicia o plan de implantación de peaxes nas autoestradas a partir de 2024 coa contratación de varios estudos a Ineco e KPMG para avaliar o sistema de pago (viñetas, peaxes...) e o ámbito (estradas estatais, autovías autonómicas, calquera estrada...).
Este martes, 24 de agosto, o Presidente da Fegatramer, entrevistado en Onda Cero Galicia, reflexionou sobre a implantación das peaxes nas autoestradas, sinalando que é un castigo para os cidadáns e, especialmente, para os transportistas.
A Federación Galega de Transporte de Mercadorías espera que haxa unha consideración diferente entre o transporte de mercadorías e os desprazamentos persoais pola importancia que ten para a economía.
Dado o carácter xeograficamente periférico de Galicia para o transporte por estrada, a implantación das peaxes fai que os produtos galegos que se exportan ao resto de España e Europa, así como os produtos que compran as empresas e os cidadáns galegos, sexan máis caros.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024