Nova
Noticia
Apetamcor premio Matilde Ucelay
12 set 2022
A Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor) foi galardoada co Premio Matilde Ucelay, que convoca o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), na categoría de “Entidade”, en recoñecemento ao “carácter transformador das súas actuacións a prol da igualdade entre homes e mulleres, nun ámbito tradicionalmente masculino como é o transporte de mercadorías por estrada”.

Nesta convocatoria tamén se rendeu homenaxe a:
- Dolores Hayden, profesora emérita de Arquitectura, Urbanismo e Estudos Americanos na Universidade de Yale, como “pioneira na planificación e estudos habitados desde unha perspectiva feminista”, na categoría “Traxectoria persoal”.
- Euskal Trenbide Sarea (ETS) polo seu proxecto “Libro branco de criterios para o deseño de estacións da rede ferroviaria vasca con perspectiva de xénero”, na categoría “Proxecto”.

A concesión deste premio publicouse no BOE número 210, do 1 de setembro de 2022, e os premios entréganse o 13 de setembro.

Estes galardóns renden homenaxe á primeira muller arquitecta de España, Matilde Ucelay, que obtivo a súa licenciatura en 1936 e, a pesar das dificultades, desenvolveu unha carreira de máis de 40 anos.