Nova
Noticia
Actualización da normativa estatal en materia de transporte terrestre
12 set 2022
O Goberno de España modificou o Real decreto 640/2007, do 18 de maio, polo que se establecen excepcións á obrigatoriedade das normas sobre tempos de condución e descanso e o uso do tacógrafo no transporte por estrada.

Engádense tres novas excepcións:
- Transporte privado complementario de maquinaria de obra para unha empresa construtora realizado mediante vehículos ou grupo de vehículos nun radio de cen quilómetros arredor do centro de operacións da empresa, sempre que a condución dos vehículos non constitúa a actividade principal do condutor.
- Transporte de formigón preamasado en vehículos especialmente fabricados para este fin nun radio de cen quilómetros arredor do centro de explotación da empresa propietaria ou arrendadora do vehículo.
- Transportes realizados nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla pola equiparación ás illas dos territorios nacionais cunha superficie non superior a 2.300 quilómetros cadrados e que non estean conectadas co resto do territorio nacional mediante ponte, vado ou túnel aberto a vehículos a motor, nin linden con outro estado membro da UE.

Así mesmo, modifícanse as distancias máximas de determinadas exencións, pasando de 50 a 100 quilómetros, homoxeneizándose co que se aplica noutros Estados membros.

Estas modificacións foron aprobadas no Consello de Ministros do 6 de setembro de 2022, xunto coa actualización do marco normativo aéreo nacional.